Monday 06 de May de 2024

180 rapaces asistiron no auditorio á proxección do filme “encallados” no marco da programación de Nadal de Riveira


Pola noite haberá un pase gratuíto dirixido ao público en xeral

O actor Ricardo de Barreiro mantivo un coloquio cos espectadores ao finalizar a emisión

Un total de 180 rapaces de ESO, bacharelato e formación profesional de Riveira asistiron esta mañá no Auditorio a unha proxección cinematográfica incluída dentro da programación do Natural Cultural.

Os asistentes –do CIFP Coroso, CPR Galaxia e Ambar- tiveron ocasión de visionar o filme “Encallados”, dirixido por Alfonso Zarauza e co sumario do caso “Prestige” como fondo narrativo. Ao finalizar a emisión subiuse ao escenario un dos actores da película, Ricardo de Barreiro, con fin de soster un coloquio sobre os espectadores. Tamén compareceu a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya, quen lles agradeceu a súa presenza e interese.

Esta noite terá lugar o segundo pase de “Encallados”, nesta ocasión dirixido ao público en xeral e de carácter gratuíto. Terá lugar ás 21.30 horas no Auditorio.

Ficha técnica: Dirección Alfonso Zarauza; Actores Xulio Abonjo, Federico Pérez, Ricardo de Barreiro, Farruco Castromán e Luís Tosar; Guión Alfonso Zarauza, Xosé Castro “Pato”, Andy Mahía; Dirección de fotografía Alberto Díaz Bertitxi (A.E.C.)

Premios e galardóns: Premios Mestre Mateo 2014 á dirección de fotografía, Alberto Díaz “Bertitxi”; montaxe, Adrián Pina; e mellor película para tv, ZircoZine.